Xornada de transición para o atletismo autonómico, entre a Liga nacional de clubs do pasado fin de
semana e o campionato galego absoluto a disputar o próximo domingo, polo que moitos atletas se reservaron nesta quinta xornada, que contou con numerosos participantes de categorías menores e
veteranos.
De feito, foron os cadetes os que callaron as mellores actuacións. En 600 m, rexistráronse varias mínimas para os nacionais, Lorenzo González (Val Miñor), 1.27.12; Abraham Rodríguez (Ourense),
1.28.01; e Pablo Rial (Barbanza), 1.28.09, asi como Raquel Meaños, do AD Mazí, 1.38.61. Bo nivel tamén en martelo cadete e xuvenil, coa participación dun puñado de lanzadores situados entre os doce
mellores nacionais, como Michael Ansah (Cuntis), 50. 67; Pedro Bastos (SGP), 48.44m¸ Gonzalo Brotóns (S. Narciso)54.31m e Víctor Pérez(RCCV) 46,08m.
Nos 100 m lisos, vitoria para dous velocistas céltico, Miguel Gómez con 11.23 e Raquel Árias, 12,98, mínima nacional xuvenil. O máis destacado dos concursos foron os 4.61 m de Sergio Tellería
(RCCV), que pasou directamente a probar 4.90 m, sen éxito, os 6.59 m en lonxitude de Alexandre Solla, marca persoal do atleta da SGP, e os 39.03 m en xavelina de Laura Meira, mínima para o nacional
xuvenil.
O 1500 m pechou a sesión, con rodaxe en solitario para os dous vencedores, Adrián Lago, do Comesaña, con 4.05.35 e Rocío Rodríguez (Val Miñor), 4.45. ratificando as súas marcas mínimas nacionais,
xuvenil e júnior respectivamente. Resultados
Crónica e fotos: Flor Currás