A UCAM en Cartagena organiza o LXXV Campionato de España
universitario de atletismo, do 8 ao 10 de maio. Un ano máis, por motivos presupuestarios, só a Uvigo acudirá á cita, cun grupo de destacados atletas.
O combinado da universidade viguesa estará formado mayoritariamente por especialistas en saltos e lanzamentos, habituais das competicións nacionais, algúns dos cales xa subiron ao podio
universitario en edicións anteriores.
Víctor Galego participará en peso e disco, probas nas que foi dobre medallista o ano pasado; Alfonso Palomanes ,récord galego e bronce na edición 2013, en triplo e lonxitude; Lucía Pérez, en triplo
salto; Carlos Revolta, en martillo, especialidade na que acaba de proclamarse campión universitario en Portugal, no seu ano Erasmus; Ana Raquel Revuelta, en disco; Rocío Carbia, Samantha Mulloni en
5km marcha, e estreándose nesta competición, David Ferrer, en lonxitude, Sergio Tellería en pértiga e Carlos Porto en 1500m, en moi bo momento de forma