Acordo Fisioterapia Lence & Martínez e Ximnasio Saúde & Deporte

A FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO informa de que realizamos un interesante convenio de colaboración para esta tempada co CENTRO DE FISIOTERAPIA LENCE & MARTÍNEZ na rúa Martín Echegaray, 2, baixo, e no XIMNASIO SAUDE & DEPORTE na rúa Manuel de Castro, nº 7 (Vigo) -moi próximos ás pistas de Atletismo de Balaídos (200 metros) e a tan só 800 metros do Parque de Castrelos- con tarifas especiais para os ATLETAS FEDERADOS, que serían: 17 euros por sesión de fisioterapia e 38 euros ó mes no seu Ximnasio por Adestramentos Persoalizados e Especializados.

Informámosvos deque ámbolos dous centros ademais de ofreceren estes prezos moi por debaixo dos do mercado contan cun equipo de especialistas cunha gran formación e experiencia en Fisioterapia Deportiva (recuperación e prevención de lesións…) como en alto rendimento colaborando co Celta de Atletismo nas competicións das últimas ligas dende hai máis de 10 anos. Ademais, contan cunhas modernas así como ben dotadas instalacións e mesmo cunha pequena pista de tartam para obte-lo máximo aproveitamento dos adestramentos.
Para máis información podedes consulta-las súas páxinas web:
“fisioterapialenceymartinez.es” e “ximnasiosaudedeporte.es” ou na rede social de Facebook (Ximnasio Saude Deporte) ou Twitter (twitter.com/ximnasioSaude).

Compartir: