Resultados

SGP en homes e Atletismo Femenino Celta en mulleres vencedores na Copa de Clubes en Pista Cuberta. Saleta Fernández novo record absoluto en salto de altura. O Narón vence na clasificación conxunta

Emoción até o final na Copa de Clubes de Pista Cuberta celebrada no Palacio dos Deportes de Riazor. A Sociedade Gimnástica de Pontevedra revalidou o título por escaso marxen por diante do R.C. Celta. Completou o podium masculino o Afflelou Narón. A victoria dos pontevedreses basouse nos seis primeiros postos acadados: 1500 (Victor Riobo), altura (Darío Costas), pértega (David Ferrer), lonxitude (Iván Rodríguez), peso (Victor Gallego) e o relevo. Mais emoción ainda nas mulleres con diferencias de un único punto entre os tres primeiros equipos. O Ría Ferrol, claro favorito no ínicio da competición, tivo que conformarse coa segunda plaza despois da lesión de Candela Díaz cando estaba xa nos tacos de saída do 200 e pola descalificación do relevo. Finalmente, foron as mulleres do Atletismo Femenino Celta as vencedoras con un punto de vantaxe. Segundas foi o Ria coa mesma puntuación que o Vila de Cangas. O conxunto do Atletismo Feminino Celta sumou os oito puntos en tres concursos: Beatriz Viteri na pértega, Rosa Mª Manzano no triple e Eva Costas no peso. A salientar o record absoluto da xovencísima Saleta Fernández, este ano nas filas do Ria, que superou o listón de altura en 1.76cm o que ven a confirmar o futuro que xa mostrara a tempada pasada. O título conxunto foi para as mans do Afflelou Narón. Boa xornada, polo tanto, esta mañá que marcou o início da tempada de Pista Cuberta nas Pistas de Riazor. Resultados

Foto gentileza de Flor Currás

Compartir: