O vindeiro domingo celebrarase no Palacio de Deportes da Coruña unha nova edición da Copa de Clubes de Pista Cuberta. Oito serán os clubes participantes tanto en categoría masculina (R.C.Celta, SGP, ADAS, Afllelou Narón, Vila de Cangas, Coruña Comarca, Lucus e Ria Ferrol) e feminino (Ría Ferrol, Lucus, Atletismo Femenino Celta, Vila de Cangas, ADAS, Afflelou Narón. SGP e Riazor). As probas disputaránse en horario de mañá programandose as primeiras probas ás 10:30 e o último relevo ás 13:30.
Cadencias: Altura masculina: 1.40-1.50-1.60-1.70-1.80-1.85(5/5) Altura femenina: 1.20-1.30-1.40-1.45(5/5)
Pértega masculina: 2.11-2.31-2.51-(10/10)-4.40 (5/5) Pértega femenina: 1.81-1.91 (10/10)-2.81 (5/5)
Lembramos que só poderán participar atletas fora de concurso pertencentes aos clubes participantes nas probas que se disputen por rúas, de xeito que se admitirán tantas marcas como ruas estean valeiras (50m e 50mv). Cada club podrá presentar un atleta por proba pudendo participar cada atleta nunha soa proba e un relevo (sen límite para os xuvenís, podendo polo tanto realizar calquera posta do relevo) e ca limitación de unha soa proba e cando esta se contemple no cadro de probas válidas para os cadetes (dadas as características do relevo os cadetes poden realizar calquera das postas sempre e cando non realizen ningunha outra proba). Inscritos – Sorteo Calles