Disputouse nas xornadas de sábado 4 e domingo 5 no Módulo Cuberto da cidade de Lugo o Campeonato Galego de Heptalón Veteráns e o Criterium Galego de Probas Combinadas, que reuníu na cidade amurallada os mellores especialistas galegos desta disciplina atlética.Os primeiros titulos autonómicos chegarían da man dos veteráns galegos. Así, na categoría de 35-49 anos, os gañadores foron José Domínguez Caballero (Atlética A Silva) cunha marca de 3.595 puntos e Lucía Doval (Atlética A Silva) que lograba un total de 1.738 puntos. Polo que respecta a categoría de 50-54 anos, o dominio foi dos atletas do ADAS O Barco, xa que Xulio Ventín, cun total de 3.310 puntos e Rosario Sureda gañaban a medalla de ouro, esta última cunha marca de 2.870 puntos. María de los Ángeles Rodríguez (Atlética A Silva) lograba gañar a proba de 55-59 anos. Polo que respecta o Criterium Galego, os gañadores absolutos foron Santiago Ferrer (Gimnástica de Pontevedra) con 4.455 puntos e a lucense Laura Rio (Lucus Caixa Rural) que lograba un total de 2.472 puntos. Na categoría junior, o gañador foi o atleta de Castro, Adolfo Sainz- Maza (ADAS O Barco), que cunha gran marca de 4.443 puntos se pon nos primeiros postos do ránking nacional. Tamén moi salientable foi a marca da gañadora na categoría xuvenil femenina, a internacional Claudia Rojo, que gañaba a proba cun total de 3.384 puntos. No apartado masculino Dario Costas (Gimnástica de Pontevedra) facía o propio cunha meritoria marca de 4.275 puntos.Por último, entre os cadetes, a victoria no apartado masculino foi para o local Pablo Piñón (Atletismo Friol) e para Andrea González (Millaraio Santiago) no femenino. En canto os resultados do control, victorias para Mauro Triana (Coruña Comarca) e Miriam Otero (Affelou Narón) nos 60 metros lisos, para Sonia Beceiro(Affelou Narón) e Miguel Pérez (60 metros valados), para os locales Estela Fernández(ADAS O Barco) e Iago Nuñez (60 metros valados) nas categorías xuvenil e junior respectivamete. Iago Lousa (Coruña Comarca) gañaba a proba xuvenil masculino. Por último, moi interesante a marca do actual subcampeón de España de Triplo salto, o ourensá Jose Alfonso Palomanes (F.C. Barcelona), que gañaba a proba de salto de lonxitude con 6.82 metros.
Crónica: delegación de Lugo