Celebrouse unha nova edición da Serie Municipal nas Pistas de Balaídos que como xa aconteceu na primeira xornada contou con unha excelente participación, especialmente dos clubs locais. A destacar as victorias dos homes do R.C. Celta nos 60m, 400 e 1500. Na proba dos 60m o millor tempo das 5 series foi para Miguel Gómez con 7.26 mentres que nos 400 o millor foi David Abalde con 51.76. Carlos Porto despois da sua victoria na semana pasada nos 800 volveu a ser o mais rápido nos 1500 con 3.57.99. Xa nas mulleres salientar a Marta Gómez do Atletismo Femenino Celta con 8.09, Solange Pereira na sua primeira actuación en Pista con 4.29.57 nos 1500 e Beatriz Viteri, do Atletismo Femenino Celta, na pértega con 3.46. Moitos de estos atletas terán a oportunidade de volver a mostrar o seu estado de forma o vindeiro domingo na Copa de Clubs que se celebrará no Palacio dos Deportes de Riazor.