Resultados

I Carreira San Silvestre federada en Santiago, San Silvestre Pontesa e San Silvestre de Fene

Mañá martes 31 de decembro Santiago de Compostela acollerá a I Carreira San Silvestre federada da cidade. Esta proba que supera os 740 inscritos supón un paso máis do Concello de Santiago a través do seu Departamento de Deportes na súa loita contra o sedentarismo a través do Atletismo que iniciou hai 2 anos co circuito de Carreiras Saudables de Santiago. Desde o inicio desta campaña feita a través do Deporte baixo o lema de “SAN”, o Concello pasou de ter 1 proba federada de atletismo a ter 11 na actualidade, feito que desexamos aplaudir desde a Federación Galega de Atletismo, o igual que a confianza depositada nesta Federación Deportiva. Regulamento

Listado inscritos Plano

As Pontes e Fene súmanse a organización dunha carreira de fin de ano

En As Pontes perto de 500 atletas participarán na terceira carreira de fin de ano pontesa. A partir das 17:00 horas as rúas das Pontes serán testemuña dun ambiente festivo deportivo típico destas datas. (máis información click aqui)

No Concello de Fene e en beneficio de Cáritas haberá outro importante evento que pretende congregar a centos de atletas, cun obxectivo deportivo e solidario. Será a primeira edición desta carreira no concello de Fene. Os participantes poderán ir disfrazados e haberá premios para os mellores disfraces. (Mais información click aqui)

Compartir: