As pistas de Balaídos foron o esceario da I Xornada Municipal. Gran participación e boas marcas para a altura da tempada en que nos atopamos. A destacar a victoria de Carlos Porto nos 800m con 1.55.42 por diante do especialista da distancia o seu compañeiro de equipo Ismael Costas ou a do tamén céltico Gonzalo Basconcelos con 8.43.70 nos 3000m. Nos saltos os millores foron Sergio Telleria na pértega con 4.11 e David Ferrer, da SGP, con 6.64. En mulleres salientar a participación de duas mulleres adestradas por Oliva Román, Carmela Cardama nos 3000 con 10.13.34 e Angela González con 2.18.85 nos 800, ambalas duas moi perto das suas millores marcas persoais. Boa actuación tamén da cadete do Afflelou Narón Miriam Otero nos 300m con 42.99, Virginia Villar nos 60mv con 9.38 ou de Eva Costas do Atletismo Femenino Celta que con 13.70 no lanzamento de peso estivo moi cerca da sua millor marca.
En definitiva, boa xornada atlética en pista