No día de onte tivo lugar en Pontevedra a inauguración do MILER Vintage Runining Club, un proxecto feito realidade polo atleta galego Víctor Riobó. O local pretende ser punto de encontro dos aficionados ao atletismo. Mestúranse neste local situado no centro histórico de Pontevedra, a tan só 50 metros da igrexa da Peregrina, adestramentos, tertulias, venda de roupa deportiva, charlas, e consellos para os amantes do atletismo. Con esta iniciativa Víctor instaura un local moderno ao estilo británico e cheo de experiencias atléticas . Ao acto asistieron destacados deportistas como os olímpicos Javier Gomez Noya ou Frank Casañas. Noraboa a Víctor por este proxecto e moita sorte!