Resultados

Actividade do fin de semana

Antes das xa tradicionais probas en ruta do día de fin de ano, a actividade atlética do fin de semana pasa pola Carreira Popular de Pontecesures e a Carreira Pedestre do Anllóns en Carballo o sábado día 28 e a Carreira Popular de Fin de Ano Mugardos-Fene e a I Xornada Serie Municipal en Vigo o domingo 29. Nas Pistas de Balaídos teremos oportunidade de comprobar o estado de forma de alguns dos principais atletas da cidade olívica como Ismael Costas e Carlos Porto nos 800, Gonzalo Basconcelo, Jenny Fernández e Carmela Cardama nos 3000, Virginia Villar nos 60m valados, Sergio Telleria na pértega ou o lanzador do Vila de Cangas Pablo Castro no peso.

Compartir: