Cerca de 200 atletas competiron esta mañá no Módulo Cuberto de Lugo, no
que era unha das primeiras citas do calendario galego de pista cuberta. Gran nivel de participación e tamén de marcas, o que permitiu que numerosos atletas acadaran as mínimas para os vindeiros
Campeonatos de España e tamén para a cita autonómica.
Así, na proba dos 60 metros lisos masculinos a victoria foi para Mauro Triana (Coruña Comarca) cun crono de 7.14 sg, por diante do seu compañeiro de equipo Alejandro Ríos, nunha final moi
disputada. No apartada femenino, a victoria foi para Rosa María Manzano (Atletismo Femenino Celta) cun crono de 8.13.
Nos 60 metros valos, o máis destacado foi o triunfo do local Miguel Pérez (Lucus), que fixo unha excelente marca de 8.14 sg., ademáis novo récord galego junior da proba, en posesion desde o ano
1994 de David Rodriguez Pérez, Paula Iglesias (Riazor Coruña) foi a máis rápida nos 60 metros valos femeninos cun tempo de 9.33
Polo que respecta o salto de altura, Sara Pino (Lucus) lograba a victoria, facendo un mellor salto de 1.60 metros. Tamén moi salientable foi a marca do lucense David Barreira (ADAS), que lograba a
victoria cunha excelente marca de 1.95 metros.
Andre Castelo (Affelou Narón) gañaba a proba de salto con pértega con 3.80 metros, mentras que Beatriz Viteri (Atletismo Femenino Celta) facía o propio na proba femenina con 3.50 metros, por diante
dunha das promesas do atletismo lucense, a xoven Raquel Peña (Lucus).
Xa na lonxitude, o triunfo foi para Elvira Okutu (S.G. Pontevedra), que facía un mellor salto de 5.23. Na proba masculina, a victoria foi para Anxo Blanco (Coruña Comarca) cun rexistro de 6.41
metros.
O propio Anxo Blanco era o gañador do triplo salto, facendo ademáis unha gran marca de 13.86, o que lle permite lograr a mínima para o Campeonato de España Junior. Entre as féminas, a máis
destacada foi Rosa María Manzano (Atletismo Femenino Celta) cunha marca de 11.23 metros.
Xa por último, no peso de 4 kg, a gañadora foi Marta Sureda (Atletismo Friol) cun mellor lanzamento de 7.39 metros, mentras que no apartado absoluto masculino Erik Calvo (R.C. Celta) era o máis
destacado con 9.36 metros. Resultados completos
Fotos: @Anton_Gomez