O módulo cuberto de atletismo de Lugo albergará este sábado en xornada de mañá o 1º Control de Marcas de Inverno, na que se darán cita casi 200 atletas que proveñen de toda a xeografía galega. Estos atletas buscarán nunha das primeiras citas invernales de pista que se disputan as marcas mínimas para acudir os distintos campeonatos, ben sexa de carácter autonómico ou nacional, ou comprobar o seu estado de forma de cara as vindeiras competicións de pista cuberta.
A salientar a participación de homes como Jean Marie Okutu nos 60m e na lonxitude. Nos 60m o marinense estará acompañado, entre outros, polos velocistas do Coruña Comarca Sergio Rodríguez, Roi Avellaneda e Mauro Triana, dominadores da velocidade galega nos últimos anos. Tamén estará na altura David Barriera do ADAS, quen na tempada pasada superara o listón por enriba dos 2m. Entre as mulleres salientar a participación na pértega de Beatriz Viteri do Atletismo Femenino Celta e de Marta Lolo, do Coruña Comarca, no triple e lonxitude.Finalmente, destacar a presenza de atletas locais coma Miguel Pérez, Adolfo Sainz-Maza, Sara Pino ou Alba Villaverde.
Esta evento será a segunda competición oficial que albergue o recién estreado recinto lucense, despois da Liga Escolar Federada que tivo lugar o pasado mes de novembro