Resultados

Actuacións do fin de semana

O campo a través foi o gran protagonista na actividade do pasado fin de semana. En Venta de Baños dispotuose un dos xa tradicionais cross do calendario nacional con boa actuación para o atleta do New Balance Alejandro Fernández na 10ª posición. Destacar tamén o primeiro posto do Xuvenil do ADAS Ivo Maseda e o segundo posto da tamén xuvenil Uxía Pérez do Atletismo Tui Thermalia.

Xa na nosa comunidade o sábado tivo lugar a III edición do Cross dos Menhires organizado por dous dos clubes locais, Riazor e Marineda Atlético. Victoria para o promesa Sergio Piñón do Atletismo Afllelou Narón e de Iria Fernández do Comesaña nas mulleres. O domingo, no Campo de Tiro das Lamas de Monforte disputouse o Cross do Magosto organizado polo clube de A Gándara vencendo Luis Iglesias do Club Atletismo Caraballiño. Xa en Vigo no Parque de Castrelos a Agrupación Viguesa de Atletismo (AVA) organizou un ano mais o Memorial Andrés Abanqueiro con importante participación dos mais pequenos.

A actividade atlética completouse co Trofeo de Marcha Atlética ” Cerro Buenavista” de Getafe con destacadas actuacións de Lorena Luaces do Atlético San Sebastián, na quinta posición e as terceiras de Mar Chillón en Junior e Esmeralda Corredoira en Xuvenil, ámbalas duas do Vila de Cangas.

Compartir: