Resultados

A I Edicion da Carreira Popular de Sada fara un homenaxe as mulleres pioneiras do atletismo galego

A I Carreira Popular de Sada, a celebrar o vindeiro 22 de decembro nesta localidade coruñesa, servirá de homenaxe ás atletas galegas que foron pioneiras no inicio do atletismo feminino español (1963). Onte celebrouse unha cea na Coruña naque tamén participaron mulleres que fixeron história no noso deporte. Entre elas; Natacha Astray, Nela Souto; Dolores Tasende, Margarita Dans… O presidente da FGA, Isidoro Hornillos, que tivo palabras moi emotivas hacia elas, anunciou que con motivo da carreira popular de Sada, se tributará un merecido homenaxe público hacia todas elas. A Asociación de Mulleres Deportistas Galegas (MUDEGA) anunciou que sumarase ao acto entregando diversos trofeos. A FGA ten direccións de moitas destas pioneiras, pero se queres colaborar aportando información de mulleres que practicaban o atletismo en Galicia no ano 1963 pódeste dirixir a direcciontecnica@fgatletismo.com Se desexas contribuir coa tus presencia neste merecido homenaxe e inscribirte nesta carreira benéfica o podes facer en http://www.fgatletismo.es/inscripciones/inscripcion_20131222.html

Compartir: