Resultados

Actividade do fin de semán: Campo a Través, Pista e Ruta

Intensa actividade no vindeiro fin de semana con probas en pista, campo a través e ruta. O sábado celebrarase unha nova edición, a número 18, do Cross Guillelme Brown no Colexio que leva o mesmo nome no Concello de Pereiro de Aguiar. Asemade terá lugar a primeira xornada escolar de campo a través en Acea da Má, nas inmediacións da Coruña. Complétase a xornada do sábado coa segunda fase da Liga Escolar que terá lugar en Lugo donde os benxamins, alevins e infantis dos equipos participantes terán a oportunidade de estrear o módulo cuberto. Xa no domingo disputaráse o primeiro dos campionatos galegos en pista da tempada co Galego de Marcha en Riveira. A destacar a participación de Francisco Durán, Daniel Chamosa, Mar Chillón, Carmen Escariz, Carmen Fuentes e Eva Mª Iglesias entre outros nos 5km así como algunhas das futuras promesas da marcha galega nas distancias inferiores. O domingo terá lugar tamén o XXIV Memorial Adolfo Rós polos concellos de Fene, Ferrol, Narón e Neda.

Compartir: