Nos últimos meses numerosas empresas solicitaron a homologación dos seus equipos de chips ante a Real Federación Española de Atletismo, requisito válido para poder actuar en probas de calendario nacional e autonómico co fin de acadar a validez das marcas conxuntamente ca presenza e visto bo do Comité de Xuíces. A Federación Galega de Atletismo acadou o recoñecemento da homologación do seu equipo Timing Ultra con sistema de chip no dorsal do atleta, superando as probas e test precisos e establecidos na convocatoria de homologación.
Con esta homologación xa son tres as federacións autonómicas que gozan deste recoñecemento, conseguindo así optimizar os seus recursos e xestionar eficazmente as súas competicións oficias incluídas no calendario de competicións. Lembramos que o sistema de chips da FGA xa estivo presente en numerosos campionatos de España e campionatos galegos, amosando a súa alta fiabilidade. Para máis información sobre o listado de equipos de chips homologados (click aqui).