Boa actuación dos homes da Sociedad Gimnástica de Pontevedra no Campionato de España de Maratón celebrado en San Sebastián con Rubén Diz no posto 12 e con un rexistro de 2.24.44 e Ramón Serantes no 18 con 2.29.25. O coruñes este posto valeulle para subir o mais alto do podium en veteráns M-45.
Pior sorte tiveron os homes do New Balance Lolo Penas e Elías Domínguez que por diferentes problemas tiveron que retirarse. A xa de por si dureza do maratón uniuse as malas condicións climatolóxicas na que outro dos protagonistas tamén era o galego, o compostelán Pedro Nimo quen marcou o ritmo até case a metadade da proba.