LigazónEstá aberto xa o prazo de inscriccións de algunhas das principais probas que se disputarán no mes de Dezembro polas diferentes localidades da nosa comunidade. A primeira en disputarse será o XXIV Memorial Adolfo Ros-Volta a Ría o vindeiro día 1. O día 14 será o turno do III Cross de Los Menhires nas inmediacións da Torre de Hércules da Coruña e o día 15 o XIII Memorial Andrés Abanqueiro en Vigo e a XI Carreira Pedestre do Nadal San Cibrao das Viñas. O domingo 22 de Dezembro a oferta pedestre ampliase a II Carreira Popular do Nadal no Barco de Valdeorras, a II Carreira en Línea Sin Son10, a I Carreira Popular de Sada-G.P de Navidad e o 52 GP Pedestre de Navidad Trofeo El Corte Inglés de Vigo.Xa mais perto do fin do ano Pontecesures e Mugardos realizarán as suas carreiras. Os regulamentos podense consultar na sección de Calendario de Probas Populares da FGA.
Gran oferta de carreiras populares do Nadal en toda a autonomia galega, onde a máis antiga é a que se celebra na cidade olivica que cumpre a súa 52 edición, a organización espera bater a
participación de edicións anteriores. A inscripción para esta proba quedará aberta nas proximas horas (Mais información)