Gran participación dos atletas galegos no Cross de Atapuerca que maila levar só nove edicións esta a convertirse nun dos grandes referentes do campo a través internacional. Os millores resultados para a expedición galega que se desprazou a terras burgalesa foi o segundo posto da xuvenil Uxía Pérez do Tui Thermalia e o terceiro do tamén xuvenil Miguel González do Lucus Caixa Rural. Nesa mesma categoría Ivo Maseda do ADAS foi cuarto. Excelentes tamén as junior Jenny Fernández do Val Miñor e Carmela Cardama do Comesaña, 5ª e 6ª respectivamente. Boa actuación tamén das promesas Leticia Fernández, Ría Ferrol no quinto posto e Yuliana Veslasquez do Maratón no 6º.