Despois das xestións realizadas polo presidente da FGA na última reunión da Comisión Delegada e da Junta Directiva da RFEA, a Federación Galega de Atletismo organizará o campionato de España de Medio Maratón o vindeiro 23 de Febreiro. A proba servirá para decidir os integrantes da selección española que participarán no Campionato do Mundo de Copenhaguen.