Coincidindo co último domingo de outubro, mañá domingo día 27 a
cidade de Santiago acollerá a tradicional Carreira Pedestre Popular, que este ano celebra a súa 36ª edición.
A saída efectuarase, como vén sendo habitual, desde a Avda. de Xoán XXIII; mentres que a meta situarase, como sempre, na soada praza do Obradoiro.
Durante todo o percorrido, a Carreira Pedestre Popular estará controlada polo Colexio de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. Ademais, co fin de promocionar a participación dos atletas da
elite galega, esta proba incluír no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.
A carreira absoluta desenvolverase sobre unha distancia de 12 Km. para os nados en 1996 e anteriores.
Os escolares percorrerán unha distancia de 7 km. para os participantes nados en 1997 ao 2003 ambos inclusive
Á pechadura da inscripción un total de 4077 adultos e 1564 escolares
Para que todo poida transcorrer dentro das canles normais, e tendo en conta as características da proba e o numeroso público que segue o traxecto, colaboran coa organización da carreira máis de 500
voluntarios entre os que se destacan Policía Municipal, Garda Civil de Tráfico, Cruz Vermella, Protección Civil do Concello de Santiago e da Xunta de Galicia, fisioterapeutas, mozas de grupos
scouts de Santiago e o servizo de Urxencias Sanitarias do 061, entre outros moitos que contribúen ao éxito deste evento deportivo, un dos máis importantes dos que se celebran en Galicia Regulamento