Urxente. A FGA busca atletas que desexen participar mañá no encontro da Escola Naval de Marín e o Combinado Galego de Atletismo

A Federación Galega de Atletismo convida a todos os atletas galegos a participar neste encontro que terá lugar en Marín mañá venres 25 de outubro. Todos os interesados en participar nunha proba do encontro: 100, 200, 400, 800, 1500 ml., 4×100, 4×325, lonxitude, altura e peso, deben enviar un email a direcciontecnica@fgatletismo.com á maior brevidade no día de hoxe indicando o nome, apelido e proba (ca mellor marca obtida na última tempada) na que desexa participar. Todos os participantes recibirán unha camiseta técnica de adestramento de GALICIA. Animádevos!

Compartir: