A XXXVII edición da Carreira Pedestre Popular do San Martiño a disputar o
próximo 17 de novembro, será proba oficial,incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo e contará coa homologación do seu percorrido de 10km.
Na sesión do xoves 24 de outubro, o Consello Reitor do Consello Municipal de Deportes do Excmo. Concello de Ourense, aprobou por unanimidade a inclusión no Calendario oficial da FGA e a
homologación do circuíto.
A mediación realizada pola Delegación da FGA en Ourense, co apoio de todos os estamentos do atletismo Ourensán: Clubs, Atletas, Adestradores e Xuíces, e a boa disposición dos representantes
institucionais do Consello Municipal de Deportes do Excmo. Concello de Ourense, frutificou nun consenso que levou a inclusión no calendario oficial da FGA e a homologación do circuíto. Vaia desde
estas liñas o noso agradecemento e felicitación polo esforzo a todos eles.
Animamos a todos os clubs, atletas e institucións da provincia de Ourense, de toda Galicia e do norte de Portugal, a participación na carreira de referencia por antigüidade e por participación.
As inscricións xa poden efectuarse facendo click aqui e na web do Consello Municipal de Deportes(www.deportesourense.com).