Froito dun convenio da Secretaría Xeral para o Deporte cas federacións deportivas galegas, o seguro dos atletas federados ata 16 anos non fará falta contratalo dado que xa estarán cubertos polo seguro da Secretaría Xeral para o Deporte. Aproveitamos para lembrar que todos os atletas participantes en XOGADE que desexen aparecer nos rankings galegos e participar en competicións federadas deberán ter licencia federativa.