Resultados

Arumes do Corgo, Vigo+11, Los Rosales e Ames

Intensa mañá de probas populares. Na carreira Popular Arumes do Corgo venceu o atleta da Sociedades Gimnástica de Pontevedra Carlos Villamor e a independente Luisa González.. En Vigo+11 Lolo Penas tomou a revancha da Coruña10 de hai unhas semanas e entrou por diante do seu compañeiro de equipo Alejandro Fernández mentres que en mulleres a vencedora sería a atleta do Comesaña Patricia Mendes. Xa nos Rosales, primeira proba pertencente o II Circuito de Coruña Corre, os millores foron Abdelkader Bouguerroudj do Riazor e Paula Mayobre do Bikila. Finalmente, na XIV Carreira Pedestre de Ames, proba do Circuito Provincial da Diputación de A Coruña venceron Sergio Piñón e Rocío Alvite.

Compartir: