Campionato Galego Benxamin, Alevin e Infantil por equipos

Excelente a xornada do Campionato Galego benxamin, alevin e infantil por equipos que se disputou esta mañá nas pistas de O Barco. Franciscanos de Lugo e Vila de Cangas foron, xunto co equipo anfitrión, os únicos en presentar conxunto nas 6 categorias. Nos benxamins o campionato foi para o Vila de Cangas en homes e os Franciscanos en mulleres. Nos alevins houbo troca de posicións sendo os vencedores os homes dos Franciscanos e as mulleres do Vila de Cangas. Xa nos infantis os campións galegos foron Vila de Cangas e a Asociación Viguesa de Atletismo. Noraboa a todos eles! Resultados

Compartir: