Resultados

O 18 Cross Escolar Castro San Miguel contará ca participación de mais de 1000 atletas

Un total de 1039 atletas participarán no “18º Cross Escolar Castro-San Miguel” a celebrar o domingo día 13 no “Parque Municipal Quiñones de León”. Esta alta cifra de participación de menores ven a confirmar que o parque de Castrelos e este evento forman o “berce” do atletismo vigués. Da cidade olívica sairon grandes atletas olímpicos de medio fondo e fondo: Carlos Pérez Alonso, Javier Álvarez Salgado, Mª Estela Estévez Barreiro, Alejandro Gómez Cabral, José Carlos Adán Arias, Julia Vaquero Sousa… incluso o marchador Santiago Pérez Alonso ou o paralímpico Gustavo Nieves Campelo… tamén velocistas cómo Rogelio Rivas Abal, Ramón Magariños Duro e outros que sen chegar a ser olímpicos, acadaron a internacionalidade e títulos de Campións de España como é o caso de Manuel Augusto Alonso Rodríguez, ou Virgilio González Barbeitos ,Estanislao Duran Calvo, Mª Soledad Castro Soliño, Alejandro De Miguel Lago. Tamén numerosos medallistas de campionatos absolutos e internacionales e campións de España en categorías menores, Celso Miramontes Reinosa, Ramón Sánchez Ferreira (R.I.P), Guillermo González Vázquez, José Vicente Fernández Ibárrez (Chapela), Rodrígo Freitas Martínez, Eugenia Castro Rodríguez, Diana Montes Rodríguez, Marie France Barreiro Marquet… Nos últimos anos pasaron moitos dos grandes atletas e tamén atletas actuais por esta importante competición, Adrián Pena Rey, Marta Fernández Otero, Sandra Mosquera Losada, Esther Navarrete Santana, Gonzalo Porto Pazos, Ismael Costas Fandiño, Gonzalo Basconcelo Araujo, Jenny Fernández Masso, Carmela Cardama Báez, Ángela González Fernández, Adrián Lago Tizón… Sen dúbida algunha Castrelos é o maior referente para todos nesto do correr. Desexamos que nesta edición do Cross Escolar Castro San Miguel volvan a sair grandes atletas futuros.

Compartir: