Resultados

Triste noticia para o atletismo galego

No día de hoxe recibimos a noticia do falecemento do pai do noso compañeiro da federación Benito Martín, persoa vinculada ao atletismo coruñés dende fai moitos anos. Benito estivo traballando como adestrador da Atlética Coruñesa e sempre amosou o seu gran entusiasmo na mellora do atletismo galego. Actualmente colabora ca Federación Galega de Atletismo facendo reportaxes e grabacións de competicións para o programa Citius, Altius, Fortius así como en distintas locucións de campionatos. O enterro do seu pai será mañá as 16:45 horas en Meirás e o funeral será ás 18:00 horas na iglesia San Luis Gonzaga na Coruña (zona estación). No día de hoxe gárdase loito en Pompas Fúnebres na Praza da Palloza nº 11. Dende a FGA desexamos transmitirlle ao noso compañeiro e amigo o noso pésame por esta triste noticia.

Compartir: