Información Convenio pistas de atletismo Balaidos e FGA

A FGA está ultimando as xestións para o arranxo da gaiola de lanzamentos do estadio Municipal de Balaídos. Asemade xa mercou 6 colchonetas novas para o ximnasio e nos vindeiros días cambiarase a tarima da sala de musculación. Estas reposicións e reparacións serán costeadas cos ingresos que está a ter a Federación Galega de Atletismo en publicidade tal e como se comprometeu o presidente Isidoro Hornillos, na proposta que fixo de convenio co Concello de Vigo. Para coñecemento xeral, se publica o convenio asinado polo alcalde de Vigo e o presidente da FGA. (ver convenio)

Compartir: