Resultados

Excelente inicio do Curso de Monitor Nacional de Atletismo en Ourense

En Ourense tivo lugar o pasado venres día 4 de outubro o inicio dunha nova edición do Curso de Monitor Nacional de Atletismo. Ao acto de presentación asistiu o Delegado da FGA en Ourense D. Manuel Blanco, o Director Técnico da delegación ourensana D. Angel Fidalgo e o Secretario Xeral da FGA D. Víctor Arufe. O delegado e director técnico resaltaron na súa intervención o apoio do Concello de Ourense na cesión das instalacións teóricas celebrándose o curso no Centro Cívico da Ponte, así como da Universidade e do Concello de Monterrei. Un total de 23 alumnos participan neste importante curso que está destinado para os técnicos e adestradores que traballan ca base do atletismo. Entre os alumnos atópanse destacados atletas galegos, como Beatriz Viteri, José Manuel Vila, María Hurtado entre outros, así como persoal de clubes, tal como é o caso de representantes do Club Aurum, Atletismo A Gándara… A docencia comezou co profesor Víctor Arufe quen amosou aos alumnos a importancia da prevención de lesións e as estratexias para evitar a produccións de lesións no atletismo nas categorías inferiores, así como numerosos aspectos vinculados á nutrición. O curso desenvolverase ao longo de 8 fins de semana e contará cos mellores docentes da Escola Galega de Adestradores.

Compartir: