Resultados

Carlos Ad�n ga�a os 10km Praia de Samil

Máis dun milleiro de corredores completaron os 10.000 metros do circuíto na Praia de Samil o domingo 29, desafiando á choiva e a humidade, pero satisfeitos co bo ambiente e a organización. No máis alto do podio, recoñecidas figuras do atletismo vigués de sempre demostrando que aínda lles queda moito que dicir. Carlos Adán (Athletics) fíxose coa vitoria, impoñéndose con rotundidad nos últimos quilómetros e asinando un tempo final de 31.47.80. É o seu desquite polo resultado de 2012, cando entrou á vez con Rubén Pereira, ao que a tecnoloxía deu o mellor crono. Elías Domínguez (New Balance) clasificouse en segunda posición, entrando en 32.14.63 e acusando, quizais, a súa participación na Milla de Marín da tarde anterior. Foi o caso tamén do cangués Álvaro Prieto Fervenza (At. Narón), (33.12.76), segundo en Marín o sábado e terceiro en Porriño o venres. A ganadora indiscutible foi a moañesa Águeda Blanco (At. Samertolameu), que non tivo rival e suscitouse a carreira como un rodaje, entrando en 39.42.30. Acompañárona no podio Nuria Fernández e Verónica Romeu.
A xornada incluíu unha “patinada” popular e carreiras para os máis pequenos, disputadas antes da proba reina. O panorama atlético está vivindo un auténtico boom de carreiras pedestres, de distintas distancias, que contan cunha participación masiva. Resultados

Compartir: