No día de onte tivo lugar ás 18:00 horas no salón de Actos do
Concello de Lourenzá a presentación da IV Carreira Popular Val das Fabas.
A carreira será o vindeiro 5 de outubro enmarcada dentro da programación festiva da Festa da Faba de Lourenzá ás 16:30 horas para categorías menores e ás 17:30 horas para cadetes, juniors e séniors(percorrido de 6,330). Ao acto asistiu: Dª. Emma Álvarez Chao (Alcaldesa do Concello de Lourenzá),D. Manuel Otero Méndez (Servicio Provincial De Deportes da Xunta de Galicia), Dª Lupe Flórez Seivane (Concelleira de Cultura), D. Francisco Hermida (Padriño da proba) e os atletas medallistas galegos nesta tempada pasada Ana Vallines, Ainara Rguez., Hugo Rguez, Bruno Santos, Adnan Itrih e Nerea Bajatierra. Ademais dos responsables das empresas colaboradoras: Neli, Augacons, Cabaleiro, Josbi, Pastelería Cabaleiros, Aliprox e Ana Sport.

Esta edición será a primeira que teña padriño a proba, que será D. Fco. Hermida, natural de Lourenzá e que no ano 1954 foi campión galego absoluto de 3000 metros lisos e
7º no Cto. De España de Campo a Través. Él será o encargado de cortar a cinta xunto coa Alcaldesa de Lourenzá Dª. Emma Alvarez para dar o inicio á proba de adultos.
Será tamén a primeira edición que outorgue un premio de 100 euros ó campión masculino e campiona feminina en material deportivo, haberá un saqueto de fabas para todos os
vencedores das diferentes categorías de adultos, ademáis de trofeos ós 3 primeiros clasificados de todas as categorías, medallas para todos os participantes de categorías menores e un regalo
técnico para os adultos. A proba contará tamén con avituallamento líquido e sólido á metade e final do percorrido, cronómetro xigante en meta, seguro individual de accidentes, dorsal com impresión
de código QR para visualización inmediata de resultados persoais ó chegar á meta, ambulancia, vallas e senalización do circuito cada 500 metros. As inscricións poden facerse ata o día 2 (click aqui para inscribirte)