O Campionato Galego de Media Maratón previsto para Lugo (20/10/2013) queda suspendido. Tras as xestións iniciais feitas polo Delegado da FGA en Lugo, Pablo Gandoy co concello lucense e a Policía Municipal, no que obtivera o respaldo necesario, a FGA comunicou oficialmente que alí sería a sede. Pero a semana pasada as imprevistas condicións impostas pola policía muncipal de necesitar 36 axentes, 500 valos e máis de 60-70 valos sinalizadas e abonar, ademais, 5000 euros, fan inviable que a FGA desenvolva o campionato nesta cidade. Lamentamos as molestias aos corredores.