No derradeiro fin de semana de setembro terán lugar 4 importantes probas nas rúas de Ourense, Valdoviño, Samil e Riveira. Unha gran oferta de carreiras nas que cada unha delas ofrece distintas características aos participantes:
10 km Praia de Samil. Samil (Vigo) Domingo 29
A proba viguesa ofrece un circuito homologado pola RFEA con señalización dos distintos puntos kilométricos. As inscricións teñen un coste de 10 euros e poderán facerse ata o día 25 de setembro.Na carreira poderán participar soamente atletas maiores de 18 anos. Haberá distintas categorías. A organización establece un cupo máximo de 1400 inscritos. (REGULAMENTO) (INSCRICIÓNS)
XVII Carreira Popular Santa Uxía de Riveira. Circuito Deputación da Coruña. Riveira (A Coruña) Domingo 29
Unha nova proba do recén creado Circuito Deputación da Coruña. Haberá categorías dende pitufos ata veteráns. A proba absoluta está homologada pola RFEA, tendo 10 km o percorrido. As inscricións poden facerse ata o mércores día 25 ás 22:00 horas. (REGULAMENTO) (INSCRICIÓNS)
II Milla Urbana Concello de Valdoviño (A Coruña). Domingo 29
Valdoviño acolle a súa segunda edición da milla urbana Concello de Valdoviño. A proba terá inicio o domingo día 29 a partir das 11:00 horas da mañá. Haberá categorías dende biberóns ata veteráns. As inscriciósn son gratuitas e poden facerse ata o xoves día 26 de setembro. (REGULAMENTO) (INSCRICIÓNS)
Carreira da Universidade. III Circuito de Carreiras Populares Correndo por Ourense. Domingo 29
Ourense acolle unha das últimas probas do Circuito de Carreiras Populares Correndo por Ourense, unha iniciativa que cumple o seu tercer ano de vida cun rotundo éxito de participación. Nesta ocasión será o turno para a Carreira da Universidade que terá lugar nas inmediacións do Campus Universitario de Ourense. As inscricións están abertas ata o mércores día 25. (REGULAMENTO) (INSCRICIÓNS)