A día de hoxe tramitáronse nesta federación un total de 19 inscricións nesta nova edición do Curso de Monitor Nacional de Atletismo que terá inicio o vindeiro venres día 4 de outubro en Ourense, no campus universitario. Dende xa fai anos, a FGA comprometeuse ca formación dos técnicos galegos e actualmente Galicia é unha das poucas comunidades autónomas que organiza ano tras ano cursos da Escola Nacional de Adestradores da RFEA. O curso que proporciona unha importante formación en distintas materias: anatomía, psicoloxía, teoría e práctica do adestramento, velocidad, saltos, lanzamentos, fondo e medio fondo, entre outros bloques temáticos, constitúe unha importante fonte de recursos para os monitores que día tras día dirixen adestramentos de atletas de categorías inferiores.Como xa aconteceu en anteriores cursos, moitos atletas galegos destacados compaxina a súa vída de atleta ca vida de técnicos, e nesta ocasión teremos como alumnos do curso a destacados atletas como Beatriz Viteri, Jose Manuel Vila, Esperanza Caldas entre outros. Todos os inscritos recibirán de agasallo unha camiseta técnica de Sportis. Formación Deportiva.