Resultados

Gran participacion da I Carreira da Muller en Coruña

O I Carreira da Muller da Coruña celebrada o pasado dia 22, cumpriu coas máximas expectativas posibles: cheo absoluto, ambientazo e moi bo tempo, como os mellores días do verán. Era a quinta proba do circuíto nacional Carreira da Muller 2013. Esta idea vinculouse desde o seu inicio fai dez anos, a fomentar un estilo de vida saudable entre as mulleres, co fin de previr e loitar contra o cancro de mama, polo que a organización canalizou a recaudación de fondos para a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) con este fin.
3.000 foron as inscritas, o máximo previsto pola organización, e a primeira vez que nesta carreira lográbase o tope na primeira edición
Desde primeiras horas da mañá, as rúas herculinas empezaron encherse de cor rosa, mulleres de toda as idades ían acercandose a zona de saida para desfrutar desta fermosa experiencia.
A proba tivo como punto de saída e meta nas inmediacions do Obelisco, e discorreu por un trazado de 5 km, totalmente llano, cara a Sánchez Bregua, Linares Rivas, Primo de Rivera, avenida do Exército ata Rolda de Outeiro para regresar polas mesmas vías cara a Porta Real, avenida da Mariña e Cantón Pequeno, onde concluíu.
Ás 10.00 da mañá deuse o pistoletazo de saída, contando coa presenza de Doña Rosa Galego, tenente alcalde do Concello da Coruña e o Secretario xeral para o Deportes da Xunta de Galicia, Don José Ramón Lete.
O evento lúdico deportivo, foi catalogado por autoridades, organizadores e participantes como un grande éxito, ao que contribuíu o día caloroso, estival cen por cento, que non quixo perderse a cita. A preocupación de que a calor, por arriba dos 30ºC causase efecto nas participantes, queda mitigado neste tipo de carreira por tratarse dun evento no que a maioría de participantes deciden mesturar a carreira a pé con andar lixeiro, xa que a competición pura e dura queda reservada para apenas un centenar das inscritas.
Houbo centos de premios, por categorías e por grupos, de irmás, amigas, familiares, ata nais, avóas e moitos mais
A federación estivo representada polas irmás Mado Gonzalez (directora técnica da FGA) e a súa irmá Elena Gonzalez (adestradora e colaboradora da FGA) resultando vencedoras na categoria de irmás ao chegar nos postos 23 e 9.
Como colofón da “festa” das mulleres de rosa, empezou o festival de aerobic sobre o camión escenario, con divertidas e sinxelas coreografías nas que se pretende que tomen parte non só as mulleres inscritas, senón todos os seus acompañantes.

Compartir: