Bel�n Toimil, dobre triunfo na Copa de Europa de clubs junior

A atleta galega Belén Toimil participou onte sábado co seu club, o Praias de Castellón na Copa de Europa de clubs junior celebrado en Brno, na República Checa, protagonizando unha gran actuación, xa que gañou as súas dúas probas. No lanzamento de peso, mostrouse claramente superior aos seus rivais durante todo o concurso, con 13.83m finais. No disco, foi o seu terceiro intento, de 47.54m, o que lle deu a vitoria. O equipo clasificouse en cuarta posición, e os mozos colgáronse o bronce.
Esta foi unha gran tempada para a atleta de Mugardos que xa se clasificou en cuarta posición en peso e quinta en disco no pasado Campionato de Europa junior, en Rieti, ademais de mellorar varias veces os récords galegos. Posúe o absoluto en peso, e os de peso e disco nas categorías xuvenil e junior, e é unha das máis firmes promesas do atletismo galego e nacional.

Compartir: