A Federación Galega de Atletismo en colaboración ca Delegación de Atletismo de Ourense organizará en Ourense para os vindeiros meses de outubro, novembro e decembro un Curso de Monitor Nacional de Atletismo (NIVEL 1 RFEA). O curso terá comezo o venres día 4 de outubro e desenvolverase ao longo de 8 fins de semana, sendo as clases os venres de 16:00-21:00 horas e os sábados de 09:30-14:30 e 15:30-20:30 horas.
O curso que ten un custe de 300 euros, será impartido por profesorado da Escola Galega de Adestradores, e abordará numerosos contidos, dende a técnica das distintas modalidades, ata as medidas de prevención de lesións, coñecementos de anatomía e fisioloxía, psicoloxía deportiva, principios do adestramento deportivo, etc. Todos os participantes recibirán unha camiseta técnica ca serigrafía TECNICO DEPORTIVO cedida por Sportis. Formación Deportiva (www.sportis.es)
Todos os interesados poden formalizar a súa inscrición a través do seguinte enlace (CLICK AQUI) (CIRCULAR 55-2013)
Curso de Adestrador de Club (Nivel II)
A FGA abrirá unha convocatoria do Curso de Adestrador de Club NIVEL II para o verán do 2014, dado que non se recibiu a preinscrición dun número suficiente de alumnos para poder levalo a cabo.