Resultados

A Xunta Directiva e Comision Delegada da FGA reuniuse o pasado venres dia 13

Os membros da Xunta Directiva e Comisión Delegada da FGA reuníronse o pasado venres no Salón de Actos da FGA para tratar numerosos puntos do orde do día entre os que salientamos: a aprobación da normativa de licenzas 2013/14, a aprobación da normativa de carreiras populares 2013/14, a homologacións dos records galegos acadados ata a data e a aprobación do calendario de competicións entre outros aspectos. A reunión que contou ca presenza do Club San Fernando Lucus, Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Atletismo Narón, Ourense Atletismo e ADAS e distintos membros da X.D. prolongouse ata as 21:30 horas. Houbo acordo unánime na aprobación dos distintos puntos. O presidente no seu informe inicial salientou a gran actividade do atletismo galego, que pese aos tempos de crisis a FGA non recorta nas súas competicións. Tamén salientou o incremento de probas en calendario oficial e destacou a boa acollida que están tendo os servizos da FGA para os organizadores de carreiras populares incluídas no calendario, destacando como novidade este ano unha nova aplicación app para móviles. (Acordos Xunta Directiva e Comisión Delegada) (Circular de licencias) (Normativa Carreiras Populares)

Compartir: