Campionato Galego Cadete e Junior

Nas Pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo disputouse o derradeiro Campionato Galego da tempada en pista, o Campionato Galego Cadete e Junior por equipos. Maila escasa participación a xornada permitiu ver un bo ambiente entre tódolos atletas. Na categoria Junior os millores foron o ADAS en homes e o Atletismo Femenino Celta en mulleres mentres que o Lucus foi o vencedor na categoria cadete nas mulleres. Destacar a participación de alguns dos atletas con maior proxección do noso atletismo como Pablo Castro, Saleta Fernández, Jenny Fernández, David Barreira, Miguel González, Alfonso Pérez Dávila entre outros

Compartir: