Intenso fin de semana do 14 e 15 de setembro! Tordoia, Ferrol, Santiago e O Barco os protagonistas de carreiras populares

Coincidindo ca volta ao cole intensifícanse a oferta de carreiras populares para os atletas galegos. Facemos un resumo das probas que terán lugar este sábado e domingo día 14 e 15 de stembro.

V Carreira Popular Pedestre “Tordoia in Essence”. Tordoia (A Coruña) Sábado 14 ás 18:45 horas

O Concello de Tordoia é o organizador desta proba que xa cumplirá 5 anos. A carreira que discurrirá pola localidade de Seixán, Cabaleiros, acolle numerosas categorías que engloban dende os atletas máis cativos-pitufos ata os máis veteráns. Haberá trofeos para os tres primeiros atletas de cada categoría e sexo. A inscrición está aberta ata o xoves día 12 ás 22:00 horas. Nas categorías escolares a inscrición é gratuita mentres que na proba absoluta terá un costo de 3 euros. (INSCRÍBETE AQUI)

Carreira Nocturna Concello de Ferrol- I Circuito Diputación da Coruña. Ferrol (A Coruña) Sábado 14 ás 21:30 horas

Novamente terá lugar outra proba inscrita no Circuito Diputación, nesta ocasión será o Concello de Ferrol o organizador desta atípica carreira, na que a saída está programada cando o sol xa non está presente. Haberá camisetas para todos os participantes. As inscricións poden facerse ata o xoves día 12 ás 21:00 horas. (INSCRIBETE AQUI)

Corresan Centro Comercial Compostela. Santiago de Compostela (A Coruña) Domingo 15 ás 10:45 horas

VOLVE O CIRCUITO CORRESAN O VINDEIRO DOMINGO 15 DE SETEMBRO A PARTIR DAS 10:45 HORAS
A cuarta proba do II Circuito de Carreiras Saudables de Santiago celebrarase no Centro Comercial Compostela – Hipercor Santiago a partir das 10.45 horas da mañá do vindeiro domingo 15 de setembro.
Os horarios e circuitos das diferentes probas serán os seguintes:
– 10:45 horas BENXAMIN – ALEVIN (1145 m (1 volta pequena))

– 11:00 horas INFANTIL – CADETE (2165 m (1 volta grande))

– 11:30 horas ADULTOS (4330 m (2 voltas grandes))

Esta proba tocará un dos parques máis fermosos de Santiago de Compostela (Parque Eugenio Granel) ubicado na zona de O Restollal onde practican diariamente atletismo decenas de atletas santiagueses.

As inscricións online poderán facerse a través desta web e da web www.fgatletismo.es/santiago ata o vindeiro xoves ás 14 horas, o igual que nos puntos presenciais do Centro Comercial Compostela (planta de deportes), Multiusos Fontes do Sar e Complexo Deportivo de Santa Isabel . (INSCRIBETE AQUI) PLANO Clasificaciones

XXVII Milla Urbana de O Barco -Festa do Cristo. O Barco de Valdeorras (Ourense) Domingo 15 ás 18:00 horas

O Concello de O Barco de Valdeorras coa colaboración do club Adas-Proinor de O Barco, a Federación Galega de Atletismo e a Delegación da F.G.A en Valdeorras organizan a XXVIIª Milla Urbana Festas do Cristo 2013, de categoría nacional, que se desarrollará o vindeiro día 15 de setembro a partir de las 18:00 h. no circuito do Paseo do Malecón de O Barco. A proba é unha das poucas carreiras inscritas no calendario da RFEA e congregará aos mellores atletas estatais do mediofondo. As inscricións son gratuitas e poden facerse a través da web da Delegación Valdeorresa. A proba supón un gran atractivo non só para os participantes senón tamén para o público asistente que arroupará nun circuito chan e moi vistoso aos mellores mediofondistas (INSCRÍBETE AQUI)

Compartir: