Resultados

Boa edición a dos 10 km Xornadas Marisqueiras do Berbés

O pasado dia 8 de setembro o porto pesqueiro de Vigo acolleu os 10 km xornadas Marisqueiras do Berbés que contou cunha ampla participación de atletas sen dúbida favorecidos polo excelente tempo reinante así como pola idoneidade do percorrido (dúas voltas a un circuito liso de 5.000 m.) Os gañadores das categorí­as absolutas serían Elias Domí­nguez con 31.42 seguido de Alvaro Prieto e José Ramallo na categorí­a masculina. No tocante as mulleres trunfo para Rosa Figueroa logo de invertir un tempo de 39.26. Xunto ela completaron podium Ariana Gonzélez e Agueda Blanco.

Compartir: