Petín celebra este sábado o IV Maratón Vila de Petín

A Concellería de Deportes do Excmo. Concello de Petín en colaboración ca Delegación Valdeorresa de Atletismo organizará este sábado día 7 o seu IV Maratón Vila de Petín. O evento transcurrirá por un circuito interurbano polos concellos de Petín, a Rúa de Valdeorras e Vilamartín de Valdeorras. Paralelamente á carreira popular haberá unha andaina con caracter non competitivo. A proba terá comezo ás 18:30 horas e pecharase o control de meta ás 21:00 horas. O prazo de inscrición rematará mañá mércores día 4 de setembro. As inscricións poden facerse a través do seguinte enlace (Click aqui). Este sábado non te esquezas de participar nesta atractiva maratón popular. (Mais informacion)

Compartir: