A Carreira Solidaria de Muros acollerá a centos de atletas solidarios

O Concello de Muros a través da súa Piscina Municipal organizará o sábado 17 de agosto a II Carreira Popular Solidaria que tratará de recaudar fondos para Caritas, organización que axuda a necesitados. As probas darán comenzo ás 10:45 horas pola categoría infantil e cadete e a continuación terán lugar o resto de categorías. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o mércores 15 de agosto e realizaranse directamente na Piscina de Muros ou a través do seu teléfono de contacto 981826966. A proba estará controlada por xuices da FGA e polo sistema de chips desta federación, obtendo unha alta fiabilidade nas marcas dos atletas. Consulte aquí o regulamento do evento

Compartir: