Presentacion da I Carreira popular Benquerencia

Hoxe martes, 6 de agosto presentóuse en San Predro de Benquerencia (Concello de Barreiros), a I Carreira popular Benquerencia Terra i Mar. No acto participaron, entre outras personalidades, José Otero, presidente do CIR (Centro de Instrucción e Recreo) de Benquerencia, impulsor e artífice da carreira, o Alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, O Xefe do Servizo de Deportes de Lugo da Xunta de Galicia, Manolo Otero; o presidente da FGA, Isidoro Hornillos; o delegado da FGA en Lugo Pablo Gandoy e representantes de entidades colaboradoras. A proba celebrarase o vindeiro 8 de septembro e como novidade contará cun circuito integrado por tramos de area, auga e terra. Tamén haberá moitas actividades lúdicas ofrecidas polas entidades colaboradoras, nunha paraxe fermosa como é a Praia de Benquerencia. Anímate a inscribirte e participar nesta experiencia. Mais información.

Compartir: