Pablo Castro, novo récord galego

O atleta do Vila de Cangas Pablo Castro Chapela acadou onte unha millor marca galega en lanzamento de peso xuvenil cun rexistro de 16.71 metros, na derradeira xornada de lanzamentos en Vila Nova de Cerveira. O discipulo de Angel Serantes, rebasou a súa plusmarca de 16.30m (Vigo,27-06-13) en dúas ocasións, xa que tivo outro intento de 16.50m amosando un bo estado de forma e pechando una excelente tempada na que acadou as medallas de bronce nacionáis en peso e disco.

Compartir: