Resultados

Maximiliano Rodríguez cólgase o bronce nos 100 metros do Mundial de atletismo paralímpico

O galego Maximiliano Rodríguez logrou a medalla de bronce nos 100 metros para deportistas con minusvalidez visual no Campionato do Mundo de Atletismo Paralímpico, que se celebra no Estadio do Ródano, en Lyon (Francia), ata o próximo domingo. Desta forma, España conta xa con sete medallas (tres oros e catro bronces).
Rodríguez cruzou a liña de chegada en terceira posición, cun tempo de 11.24. O velocista galego xa pulverizou a súa mellor marca do ano nas semifinais deste mércores, con 11.29, e rebaixou este rexistro outras cinco centésimas máis na final.

Compartir: