Resultados

Campionato Mundial Paralimpico: Gustavo Nieves, bronce en 10.000 metros

O galego Gustavo Nieves conseguiu o pasado martes a medalla de bronce nos 10.000 metros para deficientes visuais (clase T12) do Campionato do Mundo de Atletismo Paralímpico, que cumpriu a súa cuarta xornada e se celebra no Estadio de Rhône, en Lyon (Francia), ata o próximo domingo 28 de xullo.
Gustavo Nieves asegurouse a medalla de bronce ao cruzar a liña de chegada cun tempo de 34.29.71 o que supón o seu maior éxito deportivo en competicións internacionais. Non obstante, Chentouf arrebatou ao atleta galego o récord do mundo e fixou a nova plusmarca en 29.38.85, polos 30.24.88 que realizou Neves en xullo de 2010.
Nieves logrou o mellor resultado do día para a delegación española,sacándose a “espiña” do primeiro dia de competición onde tomo parte dos 5000 metros cun tempo de 15.46.08, logrando a quinta praza.
Tambien en primeiro dia de competición interveu Maximino Rodriguez Magi, que logrou clasificarse para a final dos 200 metros para deficientes visuais (T12), cun tempo de 22.93

Compartir: