Balaídos acolleu a XXXIV edición do Gran Premio Cidade de Vigo na tarde do sábado, contando coa presenza de moitos dos mellores especialistas da comunidade, atraídos polos premios, 200 € ao gañador e 100 € ao segundo clasificado. Ademais, serviu como último test antes do nacional de Alcobendas o próximo fin de semana, e, mesmo xa como meta máis ambiciosa, de busca de mínimas para o mundial de Moscú. Niso insistiu Frank Casañas (Praias Castellón), coa proba de disco, fóra do programa do Gran Premio, que tivo que conformarse con 65.35 m e volverá intentalo o próximo mércores en Cerveira, buscando eses máxicos 66 m, pasaporte directo. Igualmente, Jean Marie Okutu (FCB), gañou a lonxitude con 7.49 m, insuficientes para o seu obxectivo. Resultados (ir a noticia ampliada)
Recital participativo de Víctor Riobó (New Balance), que se impuxo en 400 m,
50.20, encirrado por Sergio Rodríguez Teixeira (CoCo), 50.33; en 1500 m, 3.56.50, en pugna con Carlos Porto (RCCV), 3.57.08, e foi segundo en 5000 m, con 15.50.22, tras Alejandro Fernández (New
Balance), que gañou con autoridade nun tempo de 14.11.33.
Disputada final de 100 m lisos, coa vitoria de Iván Rodríguez Maceiras (SGP), que pon broche de ouro á súa gran tempada baixando de 11 segundos no hectómetro, 10.98, e superando en meta a Miguel
Gómez (RCCV), 11.02. Javier Fidalgo (RCCV), con 11.23 rebaixou o seu récord galego M35, establecido en 11.29 hai un ano. Maceiras foi, ademais segundo en lonxitude, saltando 7.31 metros. A carreira
feminina gañouna Virginia Villar (Piélagos) cun tempo de 12.56, por diante de Marta Gómez (CAFC) 12.61
Bo nivel nos 400 m femininos, xa que catro atletas baixaron do minuto, sendo a gañadora Yuliana Velasques (Ría Ferrol), que cubriu a volta á pista en 57.05. No “milqui”, levouse o premio Leticia
Fernández (Ría), cun tempo de 4.29.90, e nas carreas de cadetes, de 1000 m, os gañadores foron Laura Soto e Lorenzo González, ambos os dous do Val MIñor.
En canto aos concursos, vitoria de David Gómez (RCCV) en salto con pértega, franqueando o listón a 4.41 m, polos 4.21 m de David Ferrer; e excelente rexistro de Eva Costas en peso, cun mellor
lanzamento de 13.76 metros, progresando de cara ao absoluto nacional. A nota negativa foi a supresión, en principio, da proba de martelo, por deficiencias na gaiola, o que provocou atrasos no
inicio. O concurso saldouse coa vitoria de Isaac Vicente (Marathón), que lanzou 66.14 metros, seguido de Pablo Denis con 61. 83.
Fotos e noticia: Flor Currás